Política de Privacidade

Esta Política de Privacidade aplícase cando utilizas os servizos da Dinahosting, as nosas páxinas web e cando contactas con nós utilizando os medios que poñemos ao teu dispor (teléfono, chat, correo electrónico e redes sociais), e a través da mesma, de conformidade co noso compromiso de transparencia, informámoste sobre os datos que recompilamos e para que os utilizamos.

Dinahosting trata os datos de forma lícita, leal e transparente. Unicamente trata aqueles datos que son axeitados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins determinados, explícitos e lexítimos para os que os obtén, e non os trata para fins incompatibles con aqueles.

Esta Política é permanentemente accesible a través do enlace habilitado no sitio web, denominado “Protección de datos”, e pode actualizarse en calquera momento, ou ben como consecuencia dun cambio normativo ou ben por modificarse a configuración dos servizos ou o tipo de negocio desenvolto. As modificacións que impliquen cambios na prestación do servizo contratado, ou requiran do consentimento dos interesados, comunicaranse cunha antelación de quince días naturais para que os interesados poidan manifestar a súa oposición ao tratamento dos seus datos segundo o cambio descrito, ou para que os clientes poidan adoptar as medidas que estimen oportunas en relación á modificación comunicada. Se transcorrido o prazo proporcionado o usuario accede de novo aos seus servizos ou non comunica a súa oposición, entenderanse aceptadas as novas condicións.

Quen é o Responsable do tratamento?

Dinahosting SL – CIF B15805419
Dirección postal: Rúa das Salvadas, núm. 41, baixo - 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 900.854.000
Correo electrónico: datos@dinahosting.com
Delegado de protección de datos: dpo@dinahosting.com

Con que finalidade e lexitimación tratamos os datos?

Para navegar polo sitio web de ir.gl non é necesario aportar ningún dato. O carácter obrigatorio da resposta ás preguntas que se fan, ou dos datos que se solicitan a través do sitio web, indícase mediante a incorporación dun asterisco (*) a continuación da pregunta ou campo do formulario. En caso de non proporcionarse os datos requiridos non será posible prestar o servizo ou funcionalidade solicitados.

Dinahosting non trata datos de menores de idade en ningún caso, posto que unicamente se permite o rexistro coma usuario e a contratación de servizos a través do sitio web ir.gl a persoas maiores de idade con plena capacidade para actuar no tráfico xurídico.

En Dinahosting tratamos a información rexistrada de conformidade coas seguintes finalidades, bases xurídicas e prazos de conservación:

  • Usuarios: os datos proporcionados ao rexistrase coma usuario e utilizar o servizo, trátanse coa finalidade de xestionar o servizo tanto a nivel técnico como administrativo, e/ou para notificarlles incidencias ou calquera información de interese sobre o servizo. A base lexitimadora do tratamento é a prestación do servizo. Conservamos estes datos mentres o usuario non solicite a baixa da súa conta, e ata transcorridos tres anos desde a mesma para acreditar o cumprimento da normativa sobre protección de datos.

  • Contacto: os datos recibidos por calquera dos medios e/ou canles de contacto indicados no sitio web, utilízanse para contactar e/ou xestionar a solicitude ou incidencia comunicada, e consérvanse durante 12 meses. A base lexitimadora do tratamento é de interese lexítimo en atender as solicitudes ou incidencias comunicadas. Do mesmo modo, as chamadas poden ser gravadas coa finalidade, baseada no interese lexítimo, de mellorar a calidade dos servizos e por motivos de seguridade para acreditar as instrucións recibidas ou a información proporcionada, conservándose polo mesmo prazo, salvo que deba conservarse bloqueados para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

  • Seguridade: consérvanse rexistros de auditoría dos sistemas de información e redes de Dinahosting para manter a seguridade das redes, a infraestrutura técnica e os servizos, e detectar ou impedir a utilización abusiva ou fraudulenta dos servizos. A base lexitimadora do tratamento é o interese lexítimo de Dinahosting. Os datos serán conservados durante cinco anos, salvo que deban conservarse bloqueados para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

  • Exercicio de dereitos polos interesados: os datos proporcionados utilízanse coa finalidade de atender e dar resposta aos interesados que exerciten os seus dereitos conforme á normativa sobre protección de datos. A base lexitimadora do tratamento é o cumprimento dunha obriga legal e os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recadaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos.

  • Notificacións sobre protección de datos: os datos proporcionados utilízanse coa finalidade de xestionar os incidentes e notificacións relacionados coa seguridade de conformidade coa normativa sobre protección de datos. A base lexitimadora do tratamento é o cumprimento dunha obriga legal e os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recadaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos.

Dinahosting utiliza cookies técnicas de sesión e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais dos visitantes.

Dinahosting unicamente tratará os datos persoais proporcionados polos usuarios de conformidade coas finalidades descritas nesta Política. Os datos rexistrados son eliminados nos prazos indicados, salvo que deban conservarse bloqueados para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Os usuarios son informados do tratamento dos seus datos nos termos anteriormente indicados mediante a aceptación da presente Política de Privacidade ao rexistrarse como usuario do sitio web ir.gl.
Os usuarios deben absterse de proporcionar datos de carácter persoal doutros interesados, salvo que dispoñan da pertinente autorización, segundo a cal ditos interesados terán sido previa e debidamente informados sobre o contido da presente Política de Privacidade e, en concreto, que consenten que os seus datos sexan facilitados a Dinahosting para ser tratados conforme ás finalidades que correspondan.

Calquera conta de usuario dada de alta incumprindo os extremos previstos nesta Política de Privacidade ou nas Condicións do servizo será eliminada inmediatamente, salvo que deba conservarse debidamente bloqueada para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

A que destinatarios se comunicarán os datos?

Dinahosting non comunica datos de carácter persoal a terceiros, salvo que unha norma con rango de lei dispoña o contrario ou se é necesario para a prestación do servizo contratado.
Dinahosting poderá comunicar datos persoais ás autoridades competentes: fiscais e aduaneiras, xudiciais, forzas e corpos de seguridade do Estado, e calquera outro destinatario que en función da normativa vixente resulte de aplicación.

Os datos que tratamos só se almacenan nas nosas instalacións, ou nas instalacións dos nosos provedores de servizos, ubicadas todas elas dentro do territorio español.

Cales son os teus dereitos en relación aos teus datos?

Tes dereito a obter confirmación de se estamos tratando ou dos datos persoais que che interesen, a acceder aos teus datos persoais, e a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou completar os datos incompletos.
Tamén tes dereito a solicitar a supresión dos teus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos. Dinahosting procederá á supresión dos mesmos sen dilación salvo que sexa necesario conservalos en cumprimento dunha obriga legal, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias, poderás solicitar a limitación do tratamento dos teus datos, en cuxo caso procederemos ao seu bloqueo e só poderán ser tratados para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Tes dereito, en determinadas circunstancias, a recibir os datos persoais que nos proporcionaras, nun formato estruturado de uso común e lectura mecánica.

En determinadas circunstancias e por motivos baseados na túa situación particular, poderás oporte ao tratamento dos teus datos e Dinahosting deixará de tratalos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou para a formulación, ou exercicio ou a defensa de reclamacións.

Todos estes dereitos poden exercitarse, en calquera momento solicitándoo por correo postal dirixido ao Departamento Xurídico de Dinahosting S.L., na seguinte dirección: Rúa das Salvadas 41, Baixo – 15705 Santiago de Compostela (A Coruña); ou ben, enviando un correo electrónico a datos@dinahosting.com. En todo caso, deberá acompañarse a solicitude dunha copia do documento oficial que acredite a identidade do titular dos datos.

No caso que solicitáramos o teu consentimento para tratar los datos, podes retiralo en calquera momento: comunicándoo a Dinahosting nos termos descritos no parágrafo anterior. Esta revocación en ningún caso terá carácter retroactivo.

Se consideras que non estás satisfeito no exercicio dos teus dereitos, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, autoridade de control competente en materia de protección de datos, cuxos datos de contacto son: calle Jorge Juan, 6 - 28001 Madrid.

Os usuarios do sitio web e dos servizos de Dinahosting son responsables da veracidade, actualidade e exactitude dos datos que proporcionan a Dinahosting, considerándose veraces, actuais e exactos os datos facilitados por eles mesmos. Os usuarios poden modificar os seus datos, e as súas preferencias sobre o tratamento dos datos facilitados, a través da configuración das opcións que se encontran dispoñibles na súa conta de usuario.

Dinahosting adoptará as medidas necesarias para suprimir e rectificar sen dilación aqueles datos que resultan ser inexactos con respecto aos fins para os que se tratan en canto teña coñecemento efectivo da súa inexactitude.